Persoa que ten o baile como profesión ou afección.
Etimoloxía
Chegou desde o italiano ballerino ‘persoa que baila’, procedente do latín ballare ‘bailar’.
Exemplos *
“Xabier Díaz é un recoñecido músico, cantante e bailarín que conta xa cunha dilatada carreira dentro do panorama musical galego e do universo da cultura tradicional.” (Galicia Hoxe 01-03-2007)
“Comezou a correr como corren algunhas bailarinas ás que non se lles ven os pés baixo a saia volátil e parecen levitar sobre as nubes dun ceo algodonoso.” (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.