baiuca

Establecemento onde se serven bebidas, xeralmente de carácter modesto e popular ou ben de estilo rústico

Etimoloxía

A orixe desta voz aínda non está moi clara.

Exemplos *

“Toma este pano. Seca esas bágoas. Entra na baiuca e actúa como se volveses de dar un paseo. Xa argallarás a túa vinganza. Botareiche unha man.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)

“Todos pretendían levarme ao centro que eles anunciaban como moi afastado e que intuía incómodo pola calor e as catro horas de viaxe. Pero decidín camiñar paseniño por unhas beirarrúas ateigadas de baiucas que ofrecían pratos caseiros e bebidas frescas.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.