Cesamento temporal da actividade dun traballador.
Etimoloxía
Deriva do substantivo baixo, procedente do latín bassus, -a, -um 'pequeno'.
Exemplos *
"Hoxe, cando a pesar das proclamas e de pequenos avances na regulación do dereiro á baixa maternal, seguen existindo despidos de mulleres preñadas, non debe estrañarnos, nin menos aínda escandalizarnos, o descenso da natalidade." (Santiago González Avión: Abrente incerto. Pobreza, dereitos humanos e desenvolvemento na Galicia de hoxe)
"Ben sei que se apagaron os ecos, lexitimamente airados, de mulleres e homes contra a saída empresarial que lles propuña ás traballadoras autofinanciar as baixas maternais." (Helena Villar Janeiro: O Correo Galego 08-12-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


