Conduto vertical, xeralmente cilíndrico, por onde baixan as augas pluviais do tellado ou as que proceden de instalacións sanitarias, ata conectar coa rede de sumidoiros.
Etimoloxía
Derivado sobre o verbo baixar e este procede do latín vulgar *bassiare vinculado co adxectivo bassus, –a, –um 'baixo'.
Exemplos *
"Os dous contratos refírense á construción de doce vivendas, garaxes e local comercial no Calvario (Vigo), e unha obra de substitución de baixantes no polígono de Caranza (Ferrol)." (O Correo Galego 07-05-1999)
"A través de baixantes e colectores as augas residuais son evacuadas na rede pública, ou nun sistema de depuración particular." (A Peneira. Xornal galego de información xeral, nº 223, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.