balada

Canción popular lenta e romántica

Etimoloxía

Termo que procede do provenzal ballada ‘música para a festa’.

Exemplos *

“Digo que despois, de madrugada, un comando de profesionais, armados até os dentes, entráronme tamén na casa, supoño que non para cantarme baladas de amor.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

“Conducindo cara ó matadoiro, puxo a cinta na que a súa filla Olaia lle gravara as mellores baladas de Elvis Presley .” (Jaureguizar: As horas sucias, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.