balalaica

Instrumento musical popular ruso, semellante á guitarra, con caixa triangular e tres cordas

Etimoloxía

Aventurase que foi difundido desde o francés balalaïque, do nome ruso do instrumento, balalayka.

Exemplos *

“Nós podemos bailar danza contemporánea , pero non esquezamos que tamén sabemos tocar a balalaica.” (Antón Lopo: Os homes só contan até tres, 2005)

“O dúo ruso Kalyhzin e Veschenko (acordeón e balalaica) estivo no recente festival de Calo e animou moitísimo ó público coas súas interpretacións, onde non se esqueceron de pór unha nota galega.” (Redacción: A Nosa Terra. Periódico galego semanal, 19 -8- 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.