baloira

Pau longo con que se varean as pólas das árbores para que caia o froito, especialmente, as castañas, as noces etc.

Etimoloxía

Voz procedente do verbo “baloirar” que nos chegou do latín ballare ‘axitar’.tra

Exemplos *

“Logo, o castiñeiro atoléirase coa baloira, ou taloira, pau longo co que se van chimpando os ourizos.” (Xaquín Lorenzo: Etnografía: Cultura material (Historia de Galiza), 1962)

“Fixo don Gonzalo vir homes con liames, pancas e baloiras de varear as castañas, e tamén ganchos de romana nos cabos das cordas.” (Ánxel Fole: Terra brava. Contos da solaina, 1955)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.