Pelota grande inchada de aire que se utiliza en varios deportes
Etimoloxía
Termo que nos leva ao francés ballon que, á súa vez, bebe no italiano dialectal ballone que é o aumentativo de balla ‘proxectil’.
Exemplos *
“Os nenos e os mozos non viran nunca un balón de coiro e, tras decatarse de que se trataba dun "balón de regulamento" dedicáronse a observalo e sobalo pasándoo de man en man.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)
“A luva providencial do porteiro abxecto e inimigo, validando o esforzo derradeiro de desvío, do esférico ao exterior do rectángulo que os tres paos deseñaban co terreo, e o balón detestábel, perdido, máis unha vez, alá fóra do rectángulo de xogo.” (Víctor Vaqueiro: Os xenerais de África, 1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.