baloncesto

Deporte en que participan dous equipos de cinco xogadores, que consiste en xogar un balón coas mans para tratar de introducilo na canastra do equipo contrario

Etimoloxía

Adaptación á nosa lingua do termo inglés basketball.

Exemplos *

“O seu cuñado prometéralle un traballo se remataba a carreira de Dereito, que se financiou el mesmo xogando ao baloncesto semiprofesional.” (Nacho Carretero: Fariña, 2019)

“Tesón é o que levou o Obradoiro a recuperar o seu lugar na elite do baloncesto en España, na Liga ACB, a cúspide da pirámide da comunidade baloncestística na capital de Galicia.” (Anicet Lavodrama: SCQ Basket Magazine, n.2, 3-2024)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.