balonmán

Deporte en que participan dous equipos de sete xogadores, que deben, coa axuda das mans, introducir a pelota na portaría do equipo contrario

Etimoloxía

Adaptación do termo handball que procede do alemán xa que é onde se recuperou esta práctica deportiva.

Exemplos *

“Os triunfos das rapazas do balonmán, do baloncesto ou do waterpolo parecían cambiar algo as cousas, pero a atención adoita ser efémera e puntual.” (Miguel Pardo: Luzes, nº 24, 12-2013)

“Polo seu lado, a líder do equipo feminino de balonmán, a galega Begoña Fernández, segue na competición e na loita pola medalla despois das vitorias fronte a Suecia, Dinamarca e Noruega.” (Antón Escudero: Sermos Galiza, 10-08-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.