bálsamo

Preparado farmacéutico de uso externo

Etimoloxía

Vocábulo que nos chega do latín balsămum, e este bebe do grego bálsamon ‘tipo de árbore’ e ‘aceite que se extrae del’.

Exemplos *

“Tan necesarios  (...) resultaban nese punto os remedios cos que resolverían emerxencias non desexadas pero perfectamente predicibles, curocromos, vendaxes, bálsamos, menciñas diversas de existencia en toda casa, recordatorios de pequenas ou grandes doenzas padecidas.” (Xosé-Manuel Casado: O inverno do lobo, 1986)

“A ferida é grave -un home vestido de negro observaba a incisión do ombreiro con preocupación, mentres preparaba un bálsamo con dedos trementes-. Se pasa desta noite, volverei mañá para facerlle unha sangría e sacar os malos humores.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.