banana

Froito da bananeira

Etimoloxía

Palabra de orixe africana.

Exemplos *

“Ela na casa experimentara con pexegos, fatóns e ameixas claudias... O que máis lle gustaba comer eran as bananas pero, onde raio tiñan a semente? Plantábaas nos tarros de mamá, entre os talos das flores, e cando saía un gromo de herba facíase ilusións, pero nunca lle foron adiante.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK, 2008)

“E xustamente de Andalucía, de Málaga, cando os tres fillos o meu padriño se instalaran alá, mandarannos, cando xa esteamos en Santiago, un carabelo feito de canas cunha chea de froitas daquela terra e que eu nunca vira, chirimoias, aguacates, bananas, batatas e mais outras.” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.