Conxunto de entidades financeiras, dos banqueiros e das súas actividades // Entidade financeira
Etimoloxía
Préstamo procedente do italiano banca que significaba ‘banco’.
Exemplos *
“Os grandes bancos teñen moitos anos de historia e a banca ética é moi nova, precisa que os seus clientes fagan a recomendación.” (Antón Escudero [entrevista a Jordi Calvo Refanges]: Sermos Galiza, 3-4-2014)
“A banca protagonizou unha gran parte deste impulso investidor no contexto dunha estratexia de transformación radical, de modernización e de internacionalización do negocio bancario, onde o tamaño se revelou como fundamental para levar a cabo este proceso.” (Alejandro M. Vasallo Rapela: Revista Galega de Economía / Sistema financeiro e desenvolvemento empresarial dende a perspectiva galega, 2-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.