banco

Mesa dotada con diversos mecanismos sobre a que se realizan os traballos dun oficio.

Etimoloxía

Chegou desde unha forma xermánica bank, referido inicialmente ao asento.

Exemplos *

“… o mozo, miña xoia, sempre que podía facer algo de xeito, ía ó vello banco de carpinteiro que tiñan alí nun pendello e fedellaba nas táboas e casqueiros coa pouca ferramenta de que dispuña …” (Euloxio R. Ruibal: De corpo enteiro)

“No fondo do alpendre, conservábase o banco de carpinteiro.” (Manuel Rivas: Os comedores de patacas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.