banda

Fita de tea que se leva cruzada sobre o peito, desde o ombreiro ata o costado oposto, como insignia dalgún cargo ou honra.

Etimoloxía

Chega desde o francés antigo bande 'faixa' e este do fráncico binda regresivo do verbo bindan 'atar'.

Exemplos *

"Leva cruzada no peito a banda de militar." (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)

"Nas procesións e enterros era o que máis lucía, vestido de levita ou chaqué, cruzado o peito coa banda da gran cruz de Isabel la Católica." (Lois Tobío: As décadas de T.L.)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.