banda deseñada

Historia ilustrada con secuencias de cadros que teñen debuxos e textos

Etimoloxía

Frase formada por “banda” que vén do francés antigo bande e este do franco binda ‘cinta’; e o adxectivo “deseñada” que remite a “deseñar” que nos leva ao italiano disegnare ‘debuxar’ ou ‘deseñar’.

Exemplos *

“As persoas que faciamos antes banda deseñada eramos heroes. (...) A banda deseñada sobreviviu polo impulso dos creadores e a existencia case suicida dalgúns editores.” (Carme Vidal: Sermos Galiza [entrevista], 24-7-2014)

“Chámanlle a novena arte. Pór historias en cadrados e deixar seguir o pracer a un tempo da imaxe e da narración. A banda deseñada ofrece un mundo enteiramente por descubrir para as elites cultas e ben pensantes.” (AA.VV.: Tempos Novos, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.