banda sonora

Sección da fita dunha película de cine en que se rexistra o son, e o son mesmo da película

Etimoloxía

Frase que se forma con “banda” que procede do francés antigo bande que significaba ‘cinta” e adxectivo “sonoro” procedente do latín sonorus ‘ruidoso’.

Exemplos *

“Mentres e paralelamente, fixen a banda sonora da longametraxe documental Liste, pronunciado Lister de Margarita ledo, ou a composición e espazo sonoro para danza "concerto desconcerto".” (Rosabel Candal: Galicia Hoxe, 21-11-2010)

“Bernardo Sandoval é un músico maxistral, gañador dun César á mellor banda sonora orixinal por Western.” (Xosé Ramón Nóvoa: O Correo Galego, 12-5-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.