banda

Conxunto musical de instrumentos de vento e percusión.

Etimoloxía

Se ben se discute a súa orixe, a opción máis aceptada é que proceda dunha forma gótica bandwa 'signo', que logo pasaría ser 'estandarte' e despois 'grupo de xente armada'.

Exemplos *

"… cada vez hai máis xente na romaría da Ermida o Día do Emigrante, cando se baixa en andas a Virxe e cambian o son dos mariachis pola música da banda que vai coa procesión." (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos homes: galegos no mundo)

"… no Rueiro congregouse un formidable número de xente, incluídos os gaiteiros e a banda de música que acompañaría a procesión do Santísimo." (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.