bandoxo

Instrumento case semicircular, de fondo plano, cun bordo de madeira na parte curva e sen nada na recta, con dúas asas para agarrar e unha tira para suxeitar, que se usa para separar as castañas secas da casca

Etimoloxía

Crese que garda relación coa raíz bamb- que expresa movemento.

Exemplos *

“As castañas boas quedaban no bandoxo que logo se inclinaba para verte-las "debrocalas" nun cesto unha vez limpadas.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)

“No bar e sala de reunión destaca un bandoxo, un armario feito cun tronco e canteiro.” (Mercedes Vázquez Saavedra: O Courel, 2003)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.