Doce de pan, ovos etc., que se fai cocido dentro do estómago do porco ou algo semellante
Etimoloxía
Termo que bebe no latino ventricŭlus, diminutivo de venter ‘ventre’.
Exemplos *
“O Entroido de Cobres tamén ten o seu doce asociado, chamado “bandullo” e que se prepara con pan duro, fariña de trigo, ovos, manteiga de porco, leite, azucre, esencia de anís, fermento e uvas pasas.” (AA.VV.: “Orixes” en entroidodecobres.com) [visto o 17-2-2025]
“Coñecida como bandullo, buchelo, calleiro, enchido, tripón, vexiga ou vincha, trátase dunha sobremesa feita a base de pantrigo, ovos, leite e azucre que se embute na tripa gorda do porco e se coce no forno.” (Carmela S. Arines: “Unha ducia de doces de Entroido” en Praza.gal) [visto o 17-2-2025]
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.