Persoa que se baña no mar, nun río ou nun establecemento para baños
Etimoloxía
Palabra derivada por sufixación sobre “baño” que procede do latín balneum ‘sala de baños’.
Exemplos *
“O bañista ficou calado un intre cunha mestura de abraio e contrariedade a tropezarlle nas pernas. O areal estaba cheo de xente que gozaba dun dos primeiros días de sol primaveral.” (Rosa Aneiros: Sibila, 2021)
“Un colar arrastrado pola marea e revolto no lodo non significaba nada por si mesmo. Quizais unha bañista que xogaba na auga a zafarse das súas amigas o perdera a uns metros de alí aquel mesmo verán.” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortes. 2021)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


