baño

Acción e efecto de bañar ou bañarse

Etimoloxía

Voz que ten a súa orixe na latina balneum 'sala de baños'.

Exemplos *

“Percorrendo os cantís, os baixíos, os cons, os armeiros, os prados de laminarias, e mesmo entrando trementes nas marcas de medo do corpo, cara ao descoñecido. No último baño, na noite, estabamos a soas co firmamento, sentiamos como unha bendición o chirlomirlo das ondas.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)

“Eles tiñan unha casa nun lugar ó lado do mar (...), pero tamén aproveitaba para achegarse cando podía á praia que tiñan na propia cidade. Era máis partidaria dun baño no mar ca de dar paseos pola area.” (Úrsula Heinze: Delirios de pracer, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.