baños

Lugar onde se poden tomar baños, en especial de carácter medicinal

Etimoloxía

Procede do latín vulgar baneum que vén do clásico balneum, -i ‘sala de baños’.

Exemplos *

“Daquela traíame a familia ós baños. Era o costume.” (Xesús Flores e Xosé Mejuto: Historia do Deportivo, 1993)

“Comemos no barrio de Santa Cruz, nun restaurante italiano que ocupa uns antigos baños árabes.” (Bieito Iglesias: Tempos Novos, 05-2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.