Asento pequeno, de tres ou catro patas e sen respaldo, que serve para unha persoa.
Etimoloxía
Creado sobre o substantivo banco, este procede do xermánico bank 'banco fixado á parede'.
Exemplos *
"Apartouse cara ó recanto onde pousaba unha mesa de madeira con varias banquetas e sentou nunha que trecoleaba." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)
"A lúa saíra de entre as nubes e fora iluminando a madeira do chan, a roupa sobre a banqueta, a cama, a súa face durmida…" (Dolores Ruiz: Dentro da illa)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.