banquete

Comida que reúne a certo número de persoas con motivo dun acontecemento como unha festa, un casamento etc.

Etimoloxía

Vocábulo que se colle do francés banquet de significado semellante e que vai, á súa vez, ao italiano banchetto ‘banco pequeno’.

Exemplos *

“Murguía, a quen chegaron a coñecer e cuxos libros consultaron algunhas das viaxeiras, foi líder do rexionalismo e participante, xunto con Rosalía de Castro, no banquete de Conxo de 1856.” (Kathleen March: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936 / A Galiza dos séculos XIX e XX: A ollada anglosaxona, 2011)

“Volvera a meterse en lerias en marzo deste ano, o de 1856, participando no banquete de Conxo en Santiago, onde festexara a Eduardo Pondal, a Aurelio Aguirre e a Luís Rodriguez Seoane, esta vez presumindo como representante da clase traballadora, dos artesáns e os obreiros.” (Luís Manuel García Mañá: O lume de Santo Antón, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.