banzado

Depósito, natural ou artificial, nun río

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra voz “banzo” que probablemente proceda do gótico *wankyos ‘traveseiro’.

Exemplos *

“A construción que albergou a Ferrería é de considerables dimensións e atópase preto da casa vivenda, consta dunha presa de grande tamaño, un espectacular banzado, onde a auga sobrante cae dende unha altura duns 10 m formando unha fermosa fervenza.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)

“Alí, no remanso, óllanse como nun espello as mozas. Mesmo debaixo do banzado un pozo deixa que se mergullen os rapaces e naden nas longas tardes , nas que o sol converte a aldea nun forno.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.