baobab

Árbore da familia das bombacáceas, de toro ancho en forma de botella, que pode acadar os dez metros de diámetro, pólas horizontais de ata vinte metros, follas divididas en folíolos ovais e froito carnoso

Etimoloxía

Denominación que bebe do latín medieval bahobab, que é unha adaptación dun termo dunha lingua de África central.

Exemplos *

“Tamén pode un aprender entre bátegas de sangue e esperma os praceres ocultos aos ollos de todos que están na vida e poucos coñecen: coleccionar estrelas, plantar un baobab, vestirse de muller, desaparecer.” (Samuel Solleiro: Dz ou o libro do esperma, 2006)

“Eu non son un neno vestido cunha casaca azul e non sabería coidar dun año. Nin sequera sei coidar dunha roseira, e médranme os baobabs, non teño remedio. Por iso, eu pido que me pinte un dameiro. Ou uns binoculares. En realidade, o que quero é que me explique o mundo.” (Anna R. Figueiredo: Nós Diario, 30-6-2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.