Cada unha das varas curtas e cilíndricas, xeralmente de madeira, con que se tocan instrumentos de percusión do tipo do tambor, o tamboril, a caixa, os timbais etc.
Etimoloxía
Préstamo chegado do italiano bacchetta ‘pequeno bastón’.
Exemplos *
“As baquetas do tambor son de xatoba e de ipe, que son madeiras moi duras.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)
“Só Marcelo semellaba alleo a todo, atarefado coas baquetas e a vista perdida nas luces afastadas das casas. E así íanse sucedendo as pezas unha trala outra, sen que a verbena se animase.” (Xesús Fraga: Tute para catro. A Orquestra Montecarlo, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


