bar

Local aberto ao público, onde se despachan bebidas, tapas de comida etc., que habitualmente se toman de pé diante da barra do mostrador

Etimoloxía

Vocábulo que se toma do inglés bar que fai referencia á barra onde se dispensan as bebidas.

Exemplos *

“Andaba nos bares cerrados pedindo un silencio / e as rúas collían pedazos do eu sangue violado.” (Xela Arias: Tigres coma cabalos, 1990)

“No bar os policías ergueron as súas copas e brindaron á miña saúde e á da estatua, que puxeron enriba do mostrador.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.