Falar sen consideración, con malos modos
Etimoloxía
Palabra de orixe sen determinar; algunhas obras falan dun hipotético radical bara- ‘barullo’.
Exemplos *
“Eu, que fora axudarlles ós criados para atender a toda aquela trullada, non sei que rosmei por un que barafustaba dun xeito que daba risa oílo.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Náufragos en terra. Os amores imposibles, 1995)
“...poucas cousas conseguía rememorar da noite anterior, á parte de que bebera e de que oíra a uns amigos de Carlos Conde barafustar e esbardallar non sabía contra que intelectuais nin contra que políticos” (Carlos G. Reigosa: Crime en Compostela, 1984)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.