baralla

Conxunto de naipes que serven para varios xogos

Etimoloxía

Xógase coa posibilidade que proceda do latín vulgar *varalia ‘paus entrecruzados’.

Exemplos *

“Tiñan en fronte a Servando Trillo e mais a don Álvaro, parella de xogo estábel no Café Bar París. Paco non saudou a ningún dos dous. Xureliño mesturou a baralla, deulla a cortar ao cura e repartiu tres naipes a cada xogador.” (Antonio Manuel Fraga: A virxe das areas, 2017)

“Dirixinme a pé e andando ás Caldas, esporeado pola urxencia de atender o desafío do Maragato, que me agardaba coa baralla a punto no café Canedo.” (Bieito Iglesias: Miss Ourense, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.