Monte comunal
Etimoloxía
Sospéitase que a orixe desta voz podería ser prerromana.
Exemplos *
“Viñeran el e maila muller dende o país de Quiroga, no antigo reino, case da raia onde se anuncia a parte de León, e non tiñan xuntas para mover o arado, nin outras forzas con que desermar o barazal máis que os seus brazos.” (Víctor Freixanes: A cidade dos Césares, 1993)
“Ó mesmo tempo chegou coa ilusión de ve-los pequenos encoros que se fixeran na Corga de Fonteferreira e no regueiro do Piñeiro, preto do barazal, e ademais coa intención de contempla-las veigas e leiras arredor da aldeíña, restaurada en grande parte por el mesmo.” (Manuel Rodríguez Troncoso: Raíces rurais, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.