barba

Conxunto de pelos que lle nacen na cara ao home despois da puberdade / Conxunto destes pelos cando se deixan medrados ou se recortan de determinado xeito

Etimoloxía

Voz que bebe da latina barba de significando semellante.

Exemplos *

“Estar no paro é cambiar o traxe polo chándal, o afeitado pola barba e o día laboral polo festivo permanente. Así estou eu.” (Álex Alonso: Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, 2016)

“Os matóns soltárono e el, instintivamente, mirou para atrás. Distinguiu o capitán observándoo desde a ponte de mando, un tipo de corenta e pico anos, barba acastañada moi ben coidada.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.