barbarismo

Palabra, expresión ou uso estranxeiros considerados innecesarios ou non incorporados plenamente á lingua

Etimoloxía

Termo que bebe do latín barbarismo ‘barbaridade’, pero que se recolle do grego barbarismós ‘linguaxe inintelixible’.

Exemplos *

“Os malos usos lingüísticos sempre estiveron á orde do día: na rúa, nos medios de comunicación coa súa capacidade de difusión, coa chegada de barbarismos inaceptables, etc.” (Rosa Rodríguez: Galicia Hoxe, 7-11-2010)

“Pareceulles un nome estraño, pero neste asunto dos clubs nocturnos é mellor non andar con demasiados miramentos nominais: imperio de estranxeirismos ou barbarismos _pola barbaridade que representan_ ou nimiedades lingüísticas ou sonoras evocacións: Aphrodite , Tropicana , Delicatesen , Sheraton , Os corzos , Real Club , O Cisne Azul , Rancho , As Leandras , Princesa , Love .” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.