Persoa que ten por oficio cortar o pelo, afeitar a barba etc.
Etimoloxía
Vocábulo que deriva sobre a palabra “barba” que chega do equivalente latino barba que fai referencia á do homes e dos animais.
Exemplos *
“O barbeiro foi aforrando pouco a pouco, e o ano pasado marchou a Suecia para visita-la súa propiedade. A cidade de Estocolmo pareceulle marabillosa, e atopou ós suecos amabilísimos.” (Gianni Rodari: “A merca da cidade de Estocolmo”, Contos ó teléfono [trad. Xela Arias], 1986)
“Vestinme e saín da casa coa idea dun afeitado, aproveitando que o Lapixas era un barbeiro madrugador, polo que tiña tempo de arrufarme antes de acudir ao traballo.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / Fruta do tempo. Ourense circa, 1960)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.