Terra de labor que se deixa descansar unha tempada sen sementar // Terra de secaño onde se cultiva, segundo as zonas de Galicia, o centeo, trigo, millo e patacas
Etimoloxía
Termo orixinario do latino vervactum de significado semellante.
Exemplos *
“Hai oito anos que comezamos a alugar pequenas leiras, a maioría de barbeito, co que obtíñamos forraxe de calidade para as vacas e non a prezos desorbitados, coma está hoxe o penso.” (Alberte Ribero [entrevista]: A Nosa Terra, 4-12-2008)
“Aquí tamén sementamos centeo, á beira mesmo do lugar; un ano seméntase e un ano descansa a terra a barbeito, e para o ano vólvese outra vez a traballar o mesmo.” (Augusto Pérez Alberti: Teceláns. Viaxes, 2002
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.