(Barbus barbus) Peixe de auga doce da familia dos ciprínidos, duns corenta centímetros, corpo robusto e comprimido lateralmente, con catro barbas no bico e cor verdosa no dorso e branca ou amarelada no ventre.
Etimoloxía
Vén do latín barbus –i ‘de barba’, que se aplicou para este peixe polas barbas que presenta.
Exemplos *
“... estaba rodeada de bosque e lindaba co río Tea -navegable nese tramo-, cun lago artificial que abastecía de troitas e barbos.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)
“Monforte ten a beleza da paisaxe das ribeiras do río Cabe, onde abundan as troitas, as anguías e o barbo.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.