barcarola

Composición musical inspirada neste tipo de canción, con ritmo ternario en compás de seis por oito ou doce por oito

Etimoloxía

Préstamo que procede do italiano barcarola ‘canción dos gondoleiros’.

Exemplos *

“Esta é a letra dunha típica barcarola, moi antiga, que só coñecen os máis vellos do lugar.” (Xosé Luís Blanco Campaña: Camariñas terra de palilleiras, 1991)

“A barcarola, peza composta en compás de 6/8, e cuxa característica máis obvia é a representatividade da súa música: simular e evocar as cancións e os movementos das góndolas venecianas.” (Mónica Groba Lorenzo: Introdución á linguaxe musical, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.