bardo

Antigo poeta celta da clase sacerdotal que cantaba as fazañas dos heroes e dos deuses e recollía tradicións relixiosas.

Etimoloxía

O latín tomouno do celta e transmitíunolo como bardus, -i 'poeta'.

Exemplos *

"E o poeta é un bardo, "vasos sagrados son os poetas", que pronuncia palabras máxicas que invocan á comunidade, a tribo na que quere disolver a súa individualidade." (Suso de Toro: O país da brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta)

"As baleas nadan arredor de nós nun mar arquetípico e os seus brados harmonizan coas arpas dos bardos antigos." (M. Lourenzo González: Noites de papel)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.