baril

Dotado de forza física e vigor, de boa saúde, capaz de realizar grandes esforzos físicos.

Etimoloxía

Proponse que sexa o resultado de se cruzaren o xermánico baro e o latín virile.

Exemplos *

"… de alí a un pouco comezou a chorar, tan grande e baril como era, dicindo que el esquecera o asunto por mor das súas moitas preocupacións …" (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)

"… home baril e groso, un tanto sobrado de peso, pero de fermoso porte, anchos ombros e andar ergueito …" (J. Daniel Buján Núñez: A pirata Penamoura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.