barítono

Voz masculina intermedia, entre o tenor e o baixo // Cantante que posúe esta voz

Etimoloxía

Vocábulo procedente do latín tardío barytŏnus 'paroxítono', e este bebe no grego barýtonos 'de voz grave'.

Exemplos *

“Don Servando demostrou que posuía unha voz poderosa de barítono tronante, don Servando faloulle a Gómez como nunca antes lle falara, nin a el nin a ninguén, que se saiba.” (Francisco Castro: Spam, 2006)

“Manuel Pesqueiras era párroco de Toba, alá por Fisterra. Tiña unha fermosa voz de barítono, polo que era requirido en toda a bisbarra para celebrar as misas cantadas.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela), 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.