Instrumento que serve para medir a presión atmosférica.
Etimoloxía
O termo formouse a partir dos elementos gregos baro 'presión' e metro 'medida'.
Exemplos *
"Tiñamos barómetro que anunciaba o mal tempo, mais non informaba de que banda estaba o lerio." (Xosé Neira Vilas: Galegos no Golfo de México)
"O barómetro non marcou a tempo a depresión, e hai catro días que non lles chega o parte meteorolóxico que emite regularmente a radio costeira da Coruña." (Manoel Riveiro Loureiro: O patrón)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.