Persoa que goberna unha barca e vive de transportar nela pasaxeiros e carga
Etimoloxía
Vocábulo derivado que forma tomando como base de formación “barca” que procede do latín tardío barca de significado semellante.
Exemplos *
“Barqueiros de Vilanova, / que vento queres levar? / —Pola mañán vento á ría, / á tarde vento do mar.” (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia 1745-1885. Recopilación, estudio e edición crítica, 1882)
“Do outro lado do río/ fixo o teu pai o palleiro / tivo que vender a palla / para lle pagar ó barqueiro.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina:
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.