Pía de pedra ou de madeira onde se lle bota de comer ao gando, en particular aos porcos
Etimoloxía
Termo creado por sufixación tomando como base “barca” cuxa orixe está no equivalente do latín tardío barcam.
Exemplos *
“Esta ha de ser a mellor maseira do lugar. E así foi. Dende aquel día o fermosísimo féretro pasou a ser barquela, ou para maior exactitude, pasou a conter o acomodo que a diario manducaban con frenético apetito os porcos.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)
“Cada día engordaba máis e púñase rabioso non deixando que os outros se acercasen á barquela cando botaban o caldeiro de lavadura.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela), 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.