Peza de pan de forma alongada
Etimoloxía
De orixe incerta, crese que garda relación coa voz do latín vulgar *barra ‘travesa’.
Exemplos *
“Estes días convenme telo apagado. Xa o acenderei de cando en vez para ver se hai chamadas. Enriba da mesa había un cartón de leite, un tarro de marmelo e media barra de pan.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)
“Polo día parabas en calquera sitio para mercar unha barra de pan con catro sardiñas en aceite, anque o viño nunca faltaba, pois xarreabas polo camiño parando nas tendas e nos bares.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.