barranca

Masa de pedras, terra ou outros materiais, que se desprende da ladeira dunha montaña, monte etc. / Descenso brusco e profundo do terreo

Etimoloxía

A orixe desta palabra relaciónase cunha posible voz prerromana.

Exemplos *

“Os dous sabían o que tiñan diante: unha montaña envolta en tebras, rechea de cavorcos e de barrancas, case insuperable. E sabían tamén o que había detrás: unha lexión innúmera de fusís a encher o vento de tremores metálicos.” (Carlos G. Reigosa: Xentiario, 2009)

“Por vez primeira sentíame ceibe e fixábame nas árbores dun xeito que nunca antes fixera, e nas augas calmas do río, encoradas e verdes, un verde sen transparencia, coma se afogasen en si mesmas, retidas naquela barranca fonda, e tamén ollaba o ceo e os paxaros.” (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.