barrelo

Cama para un neno pequeno, que se pode abanar con facilidade

Etimoloxía

Vocábulo que se crea a partir de “barra” e esta crese que pode ser de orixe prerromana.

Exemplos *

“Non o deitaba no barrelo porque como botabamos grande parte do día a durmir, de chegada a noite nunca tiña sono e só durmía se o deitaba comigo na cama.” (Xesús Valcárcel: Matar o tempo, 1995)

“(...) embruxo transmitido con intenso agarimo desde as primeiras babas no barrelo, para as crianzas non hai lambetada que tanto satisfaga e agrade como as palabras dunha nai, esa lingua que forma un sólido alicerce para erguer unha ara de vida agradecida por tanta fortuna nunha transmisión por vía natal.” (Xosé Manuel Lobato: Galicia Hoxe, 8-3-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.