Barrio, xeralmente de poboación pobre e situado nos arrabaldes
Etimoloxía
Termo creado sobre “barrio”, do que se pensa que vén do árabe hispánico *bárri ‘exterior’.
Exemplos *
“Dunha ocasión , entrou nun túnel que comunica a estación férrea coa rúa principal da barriada.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde, 2011)
“Vivía nunha das barriadas exteriores da cidade, das que máis medraban e que, polo tanto, máis sucidade por metro cadrado amoreaba.” (Marcelino Fernández Mallo: Cabilia / Chagas, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.