Área administrativa ou parte dunha cidade, vila ou localidade que presenta unhas características de tipo funcional, social etc., que a distinguen do seu contorno.
Etimoloxía
Proponse como orixe máis probable que se tomase do árabe, dunha forma barr 'aforas' ou barri 'exterior'.
Exemplos *
"Xa supuña, de verdade, que me viras en París aquela noite, mesmo tiven, bastante tempo, apuntado nun papel o nome do café aquel do barrio latino." (Paco Martín: Dende a muralla)
"Veciños do barrio de Quintela de Canedo, de Ourense, concentráronse onte diante do xulgado para protestar e denunciar a contaminación do aire e do río Porto …" (Galicia Hoxe 21-04-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.