Descenso brusco e profundo do terreo
Etimoloxía
Xógase coa hipótese que teña unha orixe prerromana.
Exemplos *
“O rapaz recúa e esvara por unha barronca, cae sobre a bicicleta, máncase nos xeonllos que se abren en sangue, mais monta e lasca sen volver as costas.” (Arturo Lezcano: Os dados de Deus / Treboada sen trebóns, 1994)
“Un saltoume ó pescozo, e anque me agachei e o collín polos colares, arrebolei por outra ladeira, que alí cortábase novamente a barronca e caía a unha valiña máis baixa.” (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul, 1991)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.